Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas de Burela piden o abandono de Valle como concelleiro

Dende o PSdG-PSOE de Burela vendo a contestación que deron os representantes do PP no Concello de Burela vémonos obrigados a facer unha serie de aclaracións.

1º- Queremos aclarar que dende o PSdG-PSOE de Burela non temos absolutamente nada en contra do Sr Manuel Fernández Valle como veciño, pero que a nosa obriga como partido da oposición é a de criticar e fiscalizar aquelas irregularidades que detectemos, e poñelas en coñecemento dos veciños e veciñas de Burela para a súa corrección e para o bo funcionamento democrático do Concello como institución, onde ninguén teña máis privilexios que ninguén e que os representantes públicos do Concello cumpran coas súas obrigas igual que o resto dos veciños e veciñas xa que deben de ser un exemplo de transparencia e bo facer.

2º- Á vista da resposta dada polo Sr Barcia sobre o asunto que nos compete, queda moi claro que tíñamos razón na nosa denuncia, e a rolda de prensa que deu onte o PP aclara que a licenza do Sr Valle está caducada. O Sr Barcia fala que si hai moitas licenzas na mesma situación e si queremos que se inicien expedientes contra aqueles que teñen ás licenzas caducadas como o Sr Valle, pois nós temos que contestarlle que o alcalde de Burela ata onde nós sabemos e el, e el terá que actuar en consecuencia. De tódolos xeitos nós entendemos que o Sr Valle é un representante dos veciños e veciñas e esta condición fai que teña que ser un exemplo a seguir polo resto dos veciños e veciñas, non é un veciño normal, é algo máis ca iso.

3º- Non somos capaces de entender como o Sr Barcia se erixe no primo do Zumosol, nós non pedíamos as explicacións do Sr Barcia, haberá tempo para que o Sr Barcia de explicacións sobre outros asuntos. Neste caso as explicacións pedíanselle ó Sr Valle, e era tan sinxelo como que o Sr Valle sacara a súa licenza e lle mostrara ós veciños e veciñas que o que nós denunciamos era falso, os feitos unha vez máis dannos a razón.

4º-Recodarlle unha vez máis ó Sr Valle a súa obriga de colocar o cartel na obra onde indique todo aquilo ó que a lei lle obriga, para que todos os veciños e veciñas de Burela podan informarse sobre a situación da construción.

5º- Reiterar a nosa petición de que o Sr Valle abandoe o seu posto de Concelleiro xa que entendemos que á vista dos feitos non pode esixirlle os veciños e veciñas de Burela cumpran a legalidade vixente.

Exit mobile version