Site icon Crónica3.com A Mariña

Os tres puntos do derbi ante o Superti soben á cuadrícula laranxa

O Burela FS Pescados Rubén B subiu á súa cuadrícula os tres puntos do derbi ante o Rececende Superti-A Pontenova, con 1-2.

O control do Burela FS sobre a pista non se puido materializar na portería ata o último minuto antes de chegar ao ecuador, con Carlos como protagonista tras un roubo de Bruno en primeira liña. Os locais limitáronse a buscar a sorpresa sobre a meta de Brais, que non tivo demasiadas complicacións no seu papel.

O segundo período comezou sen cambios, con dominio e perigo laranxa, aínda que con certa reticencia de cara ao gol; o Superti optaba polo contragolpe, creando perigo a través das individualidades. A falta de 7 minutos para o final, Mario igualou nunha xogada individual. O Burela seguiu atacando para conseguir os tres puntos, con resistencia no acerto, ata que no minuto 38 Manu tras unha gran xogada individual subiu o definitivo 1-2. O Superti apostou neste momento por porteiro xogador pero non foi capaz de crear perigo.

Ficha técnica
Rececende Superti-A Pontenova: Javi, Mario, Pablo, Marcos e Josiño; tamén xogaron Diego, Vijande e Fidel

Burela FS Pescados Rubén B: Brais, Bruno de Nois, Fabio, Antón e Keko; tamén xogaron Carlos, Manu Jiménez e Arón

Goles: 1-0, minuto 19, Carlos; 1-1, minuto 33, Mario; 1-2, minuto 38, Manu

Árbitros: Crestelo Blanco, Fernández Méndez.

Exit mobile version