Site icon Crónica3.com A Mariña

Os xuvenís laranxas, subcampións da Liga Nacional

O Burela FS Pescados Rubén Xuvenil clausurou onte a competición de Liga Nacional como segundo clasificado. Con 58 puntos, os rapaces de Lucas cumpriron o obxectivo para pelexar por todo, impoñéndose con solvencia ao Noia FS (4-0), aínda que finalmente o título recaeu nas mans do Azkar Lugo FS (60 puntos), que subiu os últimos tres puntos da tempada por incomparecencia do Leis Pontevedra FS.

A partir de agora, aos xuvenís laranxas tocaralles pensar na Copa, que comezará cos oitavos o 21 de abril. O sorteo desta fase previa realizarase o luns 15, ás 12.00 horas, na sede da Federación Galega de Fútbol na Coruña. Segundo está previsto xunto ao Burela FS participarán Cidade de Narón FS, Noia FS, Santiago Futsal, O Esteo FS, Cidade de Viveiro, Azkar Lugo FS, Vilalba FS, Automoción La Junquera, AD Bueu, CD Vigo IES Coruxo e Leis.

Tamén houbo boas novas nos outros dous encontros da base burelista desta fin de semana. O Xuvenil de Autonómica venceu o AD Barval por un rifadísimo 7-6 e o ED EON Burela FS Alevín B fixo o propio con Xove/Celeiro (0-10) nun amigable.

Liga Nacional Xuvenil

Burela FS 4-0 Noia FS

Liga Autonómica Xuvenil

Burela FS 7-6 AD Barval

Amigable

Xove/Celeiro FS Alevín 0-10 ED EON Burela FS Alevín B

Exit mobile version