Carlos Fernández Louzao.- Pero que preocupadiños estaban os alcaldes do PP polo seu soldo, en canto se oíu que lle lo ían baixar, ZAS!! A protestar e a defender “o seu”, e se fai falla poñerse en contra do partido, pois poñemonos en contra do partido! O que faga falla! Iso si, se o que queren é baixar e rebaixar os servizos dos veciños a os que representan, poñendo o hospital de referencia a una hora e media da Mariña, non, ahí non nos movemos. Claro quedou de novo esta semana, na que estaban convocados polos facultativos do Hospital para pedir que non se fora a xestión para Lugo. Tan so acudiron os representantes do BNG e do Psoe, do PP ningún, dandolle plantón ós médicos. Moi ben, si señor!! Ese é o interese que poñen os alcaldes do PP en saber da situación, rexeitando explicacións que lle poidan dar os médicos e o persoal do Hospital, que supoño, digo eu, que será xente que sabe de primeira man o que pasa, que para algo traballan alí non? A estes alcaldes, do PP repito, tan so lles interesan as explicacións que lles dan dende Lugo ou Santiago dende o seu partido político. Pero non deberían mover o cu e poñerse do lado da xente á que representan dunha vez?!