Site icon Crónica3.com A Mariña

Pascua en Trasbar

DSC_0287Este é o segundo ano no que a Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar organiza un xantar para que os veciños celebren xuntos a festividade da Pascua. Os asistentes, preto de 100 persoas, degustaron un menú composto por langostinos, xamón cocido, chourizos e patacas que foi elaborado e servido polos membros da Xunta Directiva. Tampouco faltou o doce, milhojas de crema e trufa, e para os nenos, un ovo de Pascua. A música correu a cargo do dúo Aguamarina. Dende a Xunta Directiva agradecen a boa acollida que tivo esta actividade.

Exit mobile version