Site icon Crónica3.com A Mariña

Paso adiante cara os play-offs de ascenso a primeira do Padel Ego

O Club de Padel Ego enfrontouse en Viveiro esta fin de semana ao equipo ferrolán do Padelmar. Os mariñáns debían enderezar o rumbo tralo tropezón contra o Club de Campo e renderon a gran nivel.

O equipo viveirense gañou por un contundente 4-1 aos departamentais mantendo así a 2ª praza do grupo e distanciando aos seus perseguidores en dúas vitorias a falta de dúas xornadas por disputarse.

As vitorias mariñás foron conseguidas polas parellas formadas por: Diego Rey/Suso Herrera, Pachi/Carri , Marcelo/Ángel e Marcos/Prosi.

Este domingo o padel Ego enfróntase ao Narón Cervecería Bitácora, equipo da zona media-baixa da táboa, nas instalacións do Hotel Ego.

5ª CATEGORÍA
O Padel Ego B, que descansou a pasada xornada, enfrontarase este domingo ás once en Viveiro ao equipo da School Padel Noriver nunha eliminatoria a partido único.

Exit mobile version