Este domingo 14 de abril ten lugar unha nova edición do Mercado do Souto de Cervo desde as 10.00 ás 14.00 horas. A partires das 12.00 horas haberá unha mesa sobre o cultivo e propiedades das plantas de intereses culinario, medicinal e de usos das hortas. A organización anima a levar plantas para trocar e conservar a calidade e a diversidade. A xornada completarase con caldo galego quente para todas as persoas asistentes. Cómpre sinalar que o mercado se está a realizar no pavillón polideportivo que ten o Concello de Cervo a carón do colexio ata que o tempo permita realizalo de novo na Praza do Souto. Esta é unha iniciativa da Asociación C. Airiños do Xunco de Cervo e da Asociación de consumo ecolóxico Karrikanta.