Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación nova tempada de Radio Valadouro

cea-radiovaladouroO pasado sábado día 20, no Salón de Actos da Casa da Cultura “Manuel Lourenzo” de Ferreira do Valadouro tivo lugar a presentación da nova temporada da Radio Valadouro. Os diversos programas da nova temporada foron presentados polos seus protagonistas, que contaron tamén como complemento cos monólogos de Ramón Ares e Luís Miguel Yáñez e a actuación musical do grupo Canere Son, de Burela. Finalmente, os participantes no evento reuníronse para cear na Cafetaría Méndez de Ferreira. A partir desta vindeira semana Radio Valadouro comezará de novo a emitir os seus programas.

Exit mobile version