Site icon Crónica3.com A Mariña

Preto de 200 persoas participaron na carreira solidaria que organizaron o Concello de Burela e Unicef

OLYMPUS DIGITAL CAMERAA segunda carreira solidaria, “Gotas para Níxer”, que realiza o Concello de Burela con Unicef tivo lugar ó longo desta mañá e reuniu a preto de 200 participantes. O alcalde, José Mª González Barcia, e a concelleira de Deportes, Beatriz Piñeiro, foron os encargados da dar a saída aos corredores. A meirande parte dos participantes chegaron prodecentes do IES Monte Castelo e tamén acudiron membros da Fundación Eu Son, que realizaron o traxecto acompañados polos monitores do centro. O inicio e o final da carreira estiveron apadriñados por membros dos equipos de fútbol sala masculino e feminino, que animaron aos participantes e asinaron autógrafos ao final da proba.

Todos os participantes recibiron material promocional facilitado por Gadis e un botellín de auga para repoñer forzas. Desde a Delegación de Medio Ambiente explican que “aos donativos recadados coa adquisición de dorsais, hai que sumar as aportacións realizadas na mesa informativa que a Delegación de Medio Ambiente instalou nas proximidades do centro de saúde o pasado venres e as colectas efectuadas pola Asociación de Enfermos Mentais A Mariña e a Fundación Indecum”.

A Concellería de Medio Ambiente agradece “a participación e a colaboración de todos por sumarse a esta iniciativa de Unicef co obxectivo de conseguir mellorar a calidade de vida da poboación infantil nixeriana”.

Exit mobile version