Site icon Crónica3.com A Mariña

Promoción da lectura entre os máis pequenos de Ribadeo

Ribadeo conmemora o Día Internacional do Libro (23 de abril) con actividades para os máis pequenos baixo o título “Contos que encantan”. Así, o domingo 21 de abril a partir das cinco e media da tarde no auditorio Hernán Naval e cunha entrada de 2,50 euros poderase ver o espectáculo de Magín Blanco, Charo Pita e Xoán Curiel sobre o libro disco “A nena e o grilo nun barquiño” con cancións de Uxía, Fred Martins, Ugia Pedreira ou Guadi Galego. O luns 22, os colexios de Ribadeo acollerán unha proposta de teatro itinerante no Camiño de Santiago: Camiño, fanfarra e rodas “Cantos contos contas!”. Finalmente, o martes 23 de abril a compañía do Trinke Trinke achegará tamén aos alumnos e alumnas dos colexios ribadenses no auditorio municipal un espectáculo protagonizado por “ratos de biblioteca” que pretenden contaxiar aos nenos e nenas o gusto pola lectura.

Exit mobile version