Arias felicitou á delegación de once deportistas e catro técnicos lucenses, que estiveron encabezados na recepción polo presidente da Federación Galega de Fútbol Sala, Juan Ángel Probaos, e gabou “o esforzo, o compromiso e a capacidade competitiva” que tivo froito no campionato celebrado en Oropesa del Mar (Castellón).
Arias, que estivo acompañada polo xefe do servizo de Deportes da Delegación Territorial de Lugo, Manuel Otero, Cadramón, considerou os éxitos acadados como “unha proba de que se pode chegar aos primeiros postos en calquera categoría se se traballa con interese dende as idades escolares, con independencia da ubicación xeográfica”.
Neste sentido, Arias recordou precisamente que arredor de 7.000 rapaces en idade escolar participaron durante a presente tempada nas competicións do programa Xogade tanto en fútbol sala como no resto das distintas modalidades deportivas incluídas no programa impulsado pola Xunta de Galicia.
Así mesmo, a delegada territorial aproveitou para animar “a pais e nenos a involucrarse no deporte escolar, tan necesario como produtivo en moitos ámbitos vitais”. Neste sentido, a delegada territorial destacou “a satisfacción que produce observar o triunfo dos xoves deportistas”, se ben incidiu en que “o realmente significativo é comprobar cómo milleiros de nenos e nenas se enganchan ao deporte dende a escola, e deste xeito van adquirindo valores e hábitos de vida saudables conforme medran”.
Os xogadores e técnicos que formaron parte dos equipos campións de España foron:
Categoría benxamín
NOME CLUBE POSTO
XOEL TRASANCOS ATADEL PRAIA DE COVAS UNIVERSAL
Categoría alevín
GABRIEL GARCIA ABELLEIRA TABOADA PECHA-ALA
LUIS VILA LOUZAO AZKAR PORTEIRO
CHRISTIAN A. OTERO FERNANDEZ AZKAR ALA
JACOBO COSTOYA IGLESIAS AZKAR ALA-PECHE
RARES MEZDREA ED VILALBA ALA-PIVOTE
Categoría infantil
CLEY NOGUEIRA RÁBADE AZKAR LUGO ALA
NOÉ CABANA ALEMPARTE CD BURELA PORTEIRO
Iván García Pérez (primeiro adestrador)
Diego Ríos (axudante)
Categoría cadete
CRISTIAN GARCIA MÉNDEZ BURELA FS ALA-PECHE
JAVIER VÁZQUEZ MEJIAS AZKAR PECHE
ALEXANDRE RICO FERNANDEZ AZKAR PORTEIRO
Manuel Martínez González (primeiro adestrador)
Jesús Pérez Losada (axudante)