Site icon Crónica3.com A Mariña

Recordatorio da reunión dos afectados polas preferentes e subordinadas

A Plataforma de Afectados Preferentes e Subordinadas da Mariña convoca unha reunión informativa para finais deste mes. O acto celebrarase o sábado 27 a partir das cinco e media da tarde no salón de actos da Casa da Cultura do Valadouro. Cristina Fernández, da Plataforma Afectados Preferentes e Subordinadas da Mariña; Miguel López Crespo, Unión de Consumidores de Galicia; e o avogado Roberto Guerra avaliarán a situación actual e tamén abordarán a vía arbitral, a quita e as consecuencias, a vía xudicial; ademais de aclarar calquera dúbida ou observación que se lles faga chegar.

Exit mobile version