Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo acolle o Encontro Sendeirista esta fin de semana

O 27 e o 28 de abril, Ribadeo acollerá o Encontro Sendeirista, enmarcado no programa Ribadeo Eventos co que a Concellaría de Desenvolvemento Local e Turismo quere promocionar Ribadeo como destino de encontros e grupos. O sábado, con saída desde Ribadeo percorreranse a ruta guiada da Vía Verde máis as Minas de Vilaodriz, e opcionalmente haberá, á tarde, unha ruta das Aceas. Xa o domingo, desenvolverase o Encontro Galego – Astur de Sendeirismo, coa colaboración do Grupo de Montaña Ribadense Pena Tallada, e no que se achegarán catro clubs tanto asturianos como galegos. Farase a ruta guiada pola costa e outra polos montes da zona, para confluíren as dúas na praia das Catedrais que se visitará en marea baixa. Irase logo ata as cetarias de Rinlo onde se comerá ao aire libre para logo rematar na viliña. A participación nesta actividade – organizada por Sikae Viaxes coa colaboración da Asociación Pena Tallada e o Concello- terá un custe de 5 euros para a xente de Ribadeo tanto para os días 27 coma 28. As prazas son limitadas. Máis información na Oficina de Turismo: 982128689 / Ribadeo Eventos.

Exit mobile version