Site icon Crónica3.com A Mariña

Medio centenar de persoas participan na charla de ACISA Ribadeo sobre preferentes e subordinadas

charla-preferentes-ribadeoMedio centenar de persoas, a maioría de Ribadeo pero tamén doutros lugares da comarca, asistiron á charla sobre as participacións preferentes e obrigas subordinadas organizada por Acisa Ribadeo e que correu a cargo de tres abogados da empresa lucense Mateo e Sánchez. Os letrados recomendaron aos afectados actúar canto antes presentando solicitude de arbitraxe e tamén demanda por vía xudicial, porque consideran que esta é a fórmula máis adecuada para poder recuperar o seu diñeiro. Tamén manifestaron que é moi importante manter a presión social e que para iso os afectados deben seguir coas mobilizacións de protesta. Ademais, alabaron ao Concello de Ribadeo por presentar unha denuncia ante a Fiscalía e consideran que os demais Concellos e outras institucións deberían facer o mesmo.
Os interesados poden dirixirse a ACISA para contactar con este bufete de avogados.

Exit mobile version