Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo acolle unha xornada sobre a violencia de xénero

O Concello de Ribadeo organiza a VI Xornada Formativa de Abordaxe Integral da Violencia de Xénero no Ámbito Local. A temática nesta edición é ‘Os poderes que sustentan a violencia machista’, que se desenvolverá no Cine Teatro de Ribadeo os días 19 e 20 de abril. Ata o momento están inscritas medio centenar de persoas. A inscrición estará aberta ata o vindeiro 19 de abril pola mañá. A matrícula, que é gratuíta, poderá formalizarse persoalmente enviando a folla de inscrición debidamente cumprimentada por correo ordinario, por fax ao 982 120 888 ou por correo electrónico a cim@ribadeo.org.

Exit mobile version