Site icon Crónica3.com A Mariña

Ruta O Val de Lourenzá

P1140637Máis dun centenar de sendeiristas realizaron este sábado a ruta de O Val de Lourenzá. A andaina organizada por Pasada das Cabras e coordinada pola recen creada asociación de sendeirismo Terras de Lourenzá, contou tamén coa colaboración do Concello de Lourenzá e a súa alcaldesa, que tamén recorreu os 14 quilómetros que conformaron a ruta. O camiño partiu da ponte de Saavedra e visitaron entre outros lugares, o Muíño de Pereiro, a fonte de Clara e o Pazo de Tovar, actualmente en restauración, e finalizando a ruta na Ponte de Pedra, xa no casco urbán de Lourenzá. A comida tivo lugar no mesón O Pipote que preparou para todos os participantes fabas de Lourenzá. Desde Pasada das Cabras agradecen a magnífica organización de Terras de Lourenzá, así como ó Concello na persoa de Emma Álvarez.

Exit mobile version