Site icon Crónica3.com A Mariña

Servizos Sociais de Burela lembra que segue aberto o prazo de inscrición no programa ‘Benestar en Balnearios’

Burela, 3 de abril de 2013. A Concellería de Servizos Sociais lembra que o prazo de inscrición no programa de Benestar en Balnearios (anteriormente Turismo Social) da Xunta de Galicia permanece aberto ata o vindeiro 12 de abril.

Os requisitos que deben reunir son os seguintes:
a) Ser maior de 65 anos ou maior de 60 reunindo a condición de pensionista.
b) Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Valerse por sí mesmo, atoparse en condicións de asistir ó programa e non padecer enfermidade infecto-contaxiosa.
d) Non padecer trastornos mentais ou conductuais que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da quenda.
e) Precisar os tratamentos balneoterápicos solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.

Así mesmo, poderán ser beneficiarios das prazas os cónxuxes ou os que acrediten relación análoga a conxugal dos que cumpran os requisitos anteriores, sempre que reúnan as condicións dos apartados b), c), d), e).

As persoas solicitantes poden pedir balnearios de calquera provincia, sendo o desprazamento por conta dos beneficiarios. Ademais terán que presentar a solicitude dentro do prazo establecido e acadar a puntuación que lle permita.

No caso de que dúas persoas queira acudir xuntas ao mesmo destino e quenda, presentarán unha única solicitude, para a súa baremación conxunta.

Os prezos inclúen, aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en habitacións de uso compartido durante 10 días e 9 noites.

Para máis información e entrega de documentación e solicitude, deberán dirixirse ós Servizos Sociais do Concello de Burela, de 8 a 15 horas de luns a venres.

Exit mobile version