Burela, 8 de abril de 2013. A Concellería de Servizos Sociais informa sobre o Programa de Respiro Familiar para Coidadores de persoas en situación de dependencia da Secretaría Xeral de Política Social.
Beneficiarios: poderán participar neste programa, as persoas maiores de 16 anos con recoñecemento de discapacidade ou de dependencia (grao II ou III), e aqueloutras que, non podendo acreditar os requisitos anteriores, requiran da atención dun coidador, á vista do informe médico e social que acompañan, e que ademais cumpran as seguintes condicións:
– Ter residencia efectiva en Galicia.
– Non estar afectado por enfermidade en estado agudo nin se atopen en fase terminal.
– Non padecer enfermidade infecto-contagiosa activa, trastornos mentais ou conductuais graves e non compensados que poidan alterar a convivencia.
– Efectuar a oportuna solicitude e o pagamento do prezo estipulado nas condicións que se indiquen.
Duración das Estadías:
– Modalidade de estadías quincenais: duración de 15 días (14 noites) prorrogables en circunstancias excepcionais.
– Modalidade de fíns de semana: fins de semana completo (un fin de semana ao mes) de viernes a domingo.
En calquera das dúas modalidades, as persoas beneficiarias contribuirán ao financiamento da estadía coa porcentaxe do custo que se establece en función dos seus ingresos económicos.
Documentación:
– Solicitude e declaración responsable (Anexo I).
– Informe médico.
– Informe social.
– D.N.I
– Última declaración da renda.
– Certificado pensións e
– Certificado dependencia e discapacidade.
As solicitudes presentaranse cun mes de antelación á data para a que e solicita a quenda, agás situacións de emerxencia sobrevidas (enfermidade, accidente do coidador, etc), debidamente xustificadas.
Para máis información e trámite, os interesados deberán dirixirse ós Servizos Sociais Municipais, sitos na Casa do Concello, en horario de 8 a 15 horas, de luns a venres.