O sábado disputáronse as series clasificatorias nas que iniciaba un primeiro round moi frouxo, xa que a calor de Madrid acabou afectándolle a Gabriel. Finaliza o round décimo cunha puntuación de 281 puntos (sobre un máximo de 360) moi por debaixo da súa última actuación en Madrid en marzo, onde obtivera entón os 313 puntos. Ó reiniciarse a competición tralo descanso, e co astro rei xa máis baixo melloraba a actuación de Gabriel e dos seus compañeiros galegos do Club Sílex das Pontes que tamén se queixaron da calor que fixo mella nos eu rendemento e, po rende, nas puntuacións obtidas. Aínda así a mellor achegou e obtiveron os 300 puntos. Finalizada sas clasificatorias, Gabriel situaríase oitavo cun total de 581 puntos; mentres que os seus compañeiros do Sílex Daniel Castro e Borja Barro, se situaban undécimo con 568 puntos e décimo noveno con 407, respectivamente. A única representante galega feminina en categoría de menores de 14 anos, e pertencente ao Club Sílex, Cristina Castro, finalizaba sétima con 454 puntos.
Pola súa banda, o domingo ás dez da mañá e co sol aínda baixo, iniciábanse as eliminatorias. O fresquiño da mañá notouse en Gabriel que, xa máis descansado, nos adestramentos previos á competición anunciaba que era un rival a ter en conta; xa que as súas puntuacións non se saíron do ouro (noves e deces que se sucedían cada tirada) iniciada xa a primeira eliminatoria. En dezaseisavos, o seu primeiro contrincante pertencente á temida Federación balear, caía ante un Gabriel imponente que non lle deu respiro ó seu adversario. Noves e deces fóronse sucedendo na diana de Gabriel, finalizando as tres entradas cun contundente 6-0 a favor de Gabriel que lle deron o pase a oitavos.
Mala sorte para Gabriel, o seguinte enfrontamento é contra Andrei Aghiorghiesei tamén da federación balear que finalizaba no primeiro encontro da Liga no primeiro posto. Gabriel non tira a toalla. Iníciase a eliminatoria e ambos arqueiros fan gala dunha gran técnica e perfección. As súas saetas non saen do ouro, pero Andrei é máis preciso e tan so por un punto toma vantaxe e o marcador ponse 2-0 en contra de Gabriel. Na seguinte tanda, comezan empatando; pero asegunda frecha de Andrei vaise ó 8, moi próxima da liña do 9. Gabriel non desaproveita a oportunidade e logra colocar as súas frechas na zona amarela. O marcador iguálase, 2-2. Na terceira entrada os arqueiros están que se saen con deces e noves que se suceden; pero, coma ó principio, o Balear ponse por diante tan so por un punto e o marcador queda 4-2 en contra. Na cuarta entrada Gabriel pode empatar. Se o balear gaña esta entrada gaña o set e a eliminatoria. Coa primeira frecha Andrei logra un 9, Gabriel replica con outro. A tensión nótase, Andrei tira a segunda frecha e logra o 10. Gabriel eleva o arco, dubida e báixao, volve a iniciar o ciclo do tiro, pero tarda moito e solta, pero a saeta estrélase no 8, so queda que Andrei cometa un erro e que Gabriel sexa máis preciso. Non hai sorte e o balear tira a súa terceira e última frecha e colócaa no 9. Gabriel tira, pero non logra a zona amarela repetindo o resultado anterior e xa está fora de competición. Finalizada a competición o noso arqueiro sitúase en sexta posición, mellorando dous postos con respecto ó resultado da anterior tirada.
Os compañeiros do Club Sílex finalizaban en onceavo lugar, Daniel Castro Barcala, e no décimo oitavo, Borja Barro Barrio. Pola súa banda, Cristina Castro Barcala finalizaba sétima; bo resultado para ser a súa primeira participación na Liga Nacional.
Finalizado o segundo encontro, Gabriel afronta xa a súa preparación para revalidar o Título de Campión Nacional en Aire Libre na categoría de menores de 14 anos, competición que terá lugar a finais de maio en Cambrils (Tarragona).