Site icon Crónica3.com A Mariña

Solidariedade dende a Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña

PENTAX DIGITAL CAMERANa Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña neste días respirase no ambiente a solidariedade. Os usuarios de ambos Centros de Rehabilitación Psicosocial e Laboral levan tempo recollendo tapóns para entregar ao banco de tapóns do Baixo Miño. A intención é colaborar coa iniciativa solidaria do banco de tapóns de axudar a familias sen recursos económicos que teñen algún fillo cunha enfermidade, discapacidade, minusvalía ou calquera outro problema. Nestes días farase a entrega dos mencionados tapóns. Por outro lado, os usuarios colaboraron co proxecto Gotas para Níxer mediante a recolecta de pequenas, pero a vez importantes, achegas económicas que serán ingresadas na conta de Unicef.

Exit mobile version