Site icon Crónica3.com A Mariña

Sprint final do Burela FS B para defender a prata de Terceira División

O Burela FS Pescados Rubén B asume o sprint final do seu debut na Terceira División coa defensa da Prata. Dende a segunda praza (52 puntos) e nunha zona alta da táboa moi axustada, o cadro laranxa recibirá mañá o Concello de Vigo IES Coruxo, cuarto (50 puntos). A vixésimo oitava xornada de Vista Alegre dará comezo ás 16.00 horas.

Polos intereses dos mariñáns tamén pelexarán Pazos de Borbén (52 puntos), que se despraza a Bueu (décimo), e Ventorrillo FS (50 puntos), con cita no domicilio do Leis (oitavo).

Os pupilos de Lucas aínda deberán visitar a pista do Vilalba FS e pechar a competición en Vista Alegre en duelo mariñán ante A Fuga Xove FS, a finais de mes.

Exit mobile version