
O sábado día 4 de maio o Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá o espectáculo para bebés ‘Babs’ da compañía Baobab. Será a partir das seis da tarde. Unha actuación recomendada para bebés a partir de 1 ano e familia. Un día Baobab teatro soñou cun mundo visual, musical, estético e de bonitas palabras, ese mundo é Babs. Un espectáculo para os máis pequenos, coa súa creatividade, as súas ilusións e súa experiencia para espertar os cinco sentidos e as primeiras sensacións dos máis pequenos. Babs é unha experiencia máxica para bebés e familia onde a tenrura é a protagonista.