Site icon Crónica3.com A Mariña

Técnicos de Ribeira Sacra analizarán en Mondoñedo as estratexias para o turismo local nun encontro organizado polos populares

Mondoñedo, 13 de abril de 2013- Novas Xeracións de Mondoñedo e o PP local referíronse hoxe á mesa de traballo sobre o sector turístico como “un encontro práctico” que ten por obxectivo o establecemento de contactos con persoas experimentadas no turismo; así como a concreción das liñas de actuacións que permitan darlle pulo a este sector na localidade.

Neste senso, os mozos de Novas Xeracións, organizadores do foro en colaboración co PP local, presentaron hoxe o programa do encontro, que baixo o lema de Mesa de Traballo: Estratexias para o Turismo, reunirá o próximo 27 de abril en Mondoñedo a expertos tanto da administración, como de entes privados e propulsores de iniciativas na área turística, que supoñen un reclamo para o sector.

Este foro local sobre o turismo que acollerá a Casa da Xuventude local dividirase en dúas mesas de debate nas que segundo afirma o presidente de Novas Xeracións de Mondoñedo, Alberto García, permitirán compartir estratexias turísticas que sexan adaptables ao municipio e que logo se lle farán chegar ao Partido Popular.

Entre os ponentes da primeira mesa, que versará sobre as Estratexias para un Turismo de Interior, Patrimonio-Cultural e de Calidade, destacan o presidente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, Carlos Armesto Quiroga, xunto coa xerente do mesmo ente, Alessandra Seara Sobrina; cursando así unha das peticións do sector local.

Asemade, tamén intervirá nesta primeira mesa a xefa da Área Provincial dependente da Axencia de Turismo de Galicia, Paloma Vázquez Fernández. Desta forma, o programa completase coas aportacións de varios empresarios locais que compartirán as súas experiencias sobre o “Turismo en Mondoñedo”, así como da responsable da axencia de viaxes lucense Viajes Mundo Galaico, Susana Conde

Un traballo a prol do fomento turístico local

O presidente local de Novas Xeracións do PP, Alberto García, asegurou que esta actividade tamén pretende “sensibilizar sobre a importancia do turismo en Mondoñedo”, un sector ao que o popular cualifica de “pouco aproveitado”.

Deste xeito, “nesta xornada intentaremos establecer sinerxías de xeito que sexa de proveito a todo aquel que queira asistir”, explicou Alberto García, quen asegurou que “dende Novas Xeracións seguimos na liña de diversificar os nosos actos, sempre vencellados a Mondoñedo”.

O presidente da agrupación político xuvenil local explicou que esta non é a primeira actividade que desenvolve a agrupación de Novas Xeracións relacionada co turismo, así referiu á enquisa a turistas realizada pola NN.XX. sobre o Mercado Medieval.

Os populares pregúntanse se ao alcalde lle molesta que o PP traballe

O Partido Popular de Mondoñedo lamenta as declaracións vertidas en prensa polo rexedor nacionalista, Orlando González, nas que segundo explican dende o PP, “parece molestarlle que o noso partido traballe polo sector e que articule unha mesa de traballo que permita levar propostas reais á da comisión”.

Dende o PP, aseguran que Orlando González debería agradecer esta colaboración ao tempo que explican que “ninguén busca enfrontamentos políticos”. “Só queremos traballar, para o que cursamos as peticións do sector”, puntualizan os populares.

Os populares non entenden como o nacionalista pode chegar a criticar un traballo “antes de coñecelo, salvo que lle moleste que se traballe”, así lembran que o alcalde de Mondoñedo se ausentou en vacacións, non estando presente nun dos eventos turísticos de maior importancia para a localidade, como é a Semana Santa.

Exit mobile version