Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ asistirá á xuntanza convocada polo persoal do Hospital da Costa e critica ao representantes políticos da Mariña que deciden non acudir

UNIFOZ, estará hoxe presente na xuntanza convocada polo persoal sanitario/facultativo do Hospital , e estará para recoller a información que os mesmos nos podan aportar para exercer a noso traballo político, pero tamén para coñecer a realidade como cidadán,, pois todos, un día ou outro seguro seremos usuarios de este Centro, directa, ou indirectamente, e pode que sexa ese día cando vexamos moi de cerca as consecuencias de decisións políticas non acertadas.

Unifoz, entende que na mesma tiñan que estar todos os representantes políticos elixidos polos veciños da Mariña, pois seguro que ese é o sentir dos veciños en xeral, que polo menos nos informen de cómo funciona o hospital de portas para dentro, e as posibles consecuencias do decreto de área integrada, todo isto dende punto de vista técnico e sen tendencias políticas.

É difícil de entender ata onde chega a insubmisión de algúns cargos políticos que por obediencia e disciplina política ao xefe de filas, deciden non acudir a mencionada xuntanza, parece con todos os respectos un insulto ao persoal sanitario, e un pechar os ollos e mirar para outro lado, e un insulto os cidadáns, pois parece que hoxe importa máis o que diga o partido, que os cidadáns e os servizos sanitarios. Pero seguramente, si estiveramos en campaña, a decisión sería outra, pois nese momento os cidadáns son o primeiro, mellor dito os votos. Iso é o prioritario.

Exit mobile version