Site icon Crónica3.com A Mariña

Unifoz critica a incapacidade do equipo de goberno por dialogar coa oposición para sacar adiante os presupostos municipais

Unifoz denuncia unha vez máis a situación de parálise política, administrativa e de actividade que está sufrindo o noso pobo, con un goberno incapaz de dialogar e consensuar con ningún grupo da oposición, debido en gran medida a falta de confianza en este equipo de Goberno do PP, polo seu engano continuo e o seu desprezo e chulería.
Unifoz pídelle ao Sr Alcalde que abra novas vías para pactar os presupostos municipais, intensificando esforzos no deseño do Plan de Emprego, e en medidas de aforro, así como en sacar a concurso os servizos ou municipalizalos (atención a dependentes, Escolas deportivas, alumeado público…).

Unifoz quere denunciar a forma de gobernar que pretende o Sr Alcalde, de só querer facer o que lle gusta e deixar sen facer o que non lle gusta mediante modificacións de crédito puntuais.

Ante esta situación, xa lle anunciamos que UNIFOZ non lle votará a favor ningunha modificación de crédito se na proposta non inclúe a R.P.T dos traballadores, as axudas a asociacións e o Plan de Emprego.

Así pois, pedimos rectificación ao Sr Alcalde, ou do contrario pódese meter nun calexón sen saída.

Exit mobile version