Site icon Crónica3.com A Mariña

Unifoz presenta mocións sobre o estado da estrada N642 e o acceso peonil a Vilaxoane

O grupo Municipal UNIFOZ ven de presentar dúas mocións ante a Corporación Municipal sobre o firme da estrada N642 ao seu paso por Foz e tamén demandando unha colaboración coa Deputación Provincial para o arranxo do acceso peonil do barrio de Vilaxoane.

Por unha banda, expón que “o paso para peóns anexo a Ponte sobre o río Ouro – N642 na parroquia de Fazouro encontrase en estado de deterioro (oxidación) por falta de mantemento (pintura), algo que se non se corrixe e se toman as medidas oportunas a curto prazo, será tal o deterioro que habería que proceder a unha nova construción, o que supoñería un gasto importante”.

Ademais, consideran que “o firme da N642 ao seu paso polo noso Concello, encontrase moi deteriorado algo xa mencionado en outras ocasións por esta Corporación, co conseguinte prexuízo e perigo para os veciños e usuarios” e que “os veciños e veciñas que desexen empregar como medio de comunicación o tren, e concretamente a estación de Vilaxoane, teñen moitas dificultades para poder facelo , así como un risco perigoso para cruzar a N642”.

Polo tanto, o grupo municipal de Unifoz solicita do Pleno da Corporación Municipal a aprobación dun acordo para solicitar a Ministerio de Fomento, Demarcación de Estradas a realización de obras de conservación na N 642, realización de actuacións de mantemento na Ponte sobre o río Ouro e o deseño e pintado de paso de peóns para acceso a estación de FEVE de Vilaxoane.

Por outra banda, dende o grupo municipal de Unifoz explican que “no barrio de Vilaxoane e sobre o río Centiño podemos comprobar que o acceso peonil que tiñan os veciños para o seu desprazamentos, así como os que se desprazan a estación de FEVE, encóntranse en estado ruinoso, co conseguinte perigo para os seus desprazamentos, ao marxe de todo isto supón unha mala imaxe de entrada a Foz e moi prexudicial”.

Polo mesmo, suxiren solicitar axuda da Deputación Provincial para que mediante subvención ou un convenio para o financiamento e execución “destas obras tan necesarias para o noso Pobo”.

Exit mobile version