Site icon Crónica3.com A Mariña

Unifoz presentará unha moción para acordar o inicio dos trámites de compra dunha finca da área do Bispo Santo

Jaime Cancio Rodríguez, Ana Mª López Campoamor, Mª Ángeles Veiga Varela en representación do grupo Municipal Unifoz na Corporación Municipal presentarán a seguinte moción:

– Que no entorno da área do Bispo Santo, e colindante con esta e coa estrada que vai a Mourente encontrase unha finca particular que recentemente procedeuse a corta de madeira .

– Que a mencionada finca permita a posibilidade de conexión visual co mar, algo que consideramos de interese para potenciar un lugar tan importante para o tempo de lecer para os veciños/as. E polo que

O grupo municipal de Unifoz, presenta a seguinte moción e solicita do Pleno da Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo:

Acordo de iniciar os tramites de compra da mencionada propiedade por parte de Concello.

Exit mobile version