Site icon Crónica3.com A Mariña

Vega: “É unha mofa que o partido do desemprego esixa agora un plan de emprego”

Lugo 24 de abril de 2013.- Tras ser coñecedores de que o PSdeG, a iniciativa de Xuventudes Socialistas, presentará mocións nos concellos da provincia para instar a que a Xunta fomente un programa de Plan de Emprego Local en coordinación cos concellos, destinado á xeración de postos de traballo entre a xente moza, o presidente de NNXX do Partido Popular de Lugo, Daniel Vega, tachou de surreal que veña arestora o PSOE falando de emprego cando foi o partido que levou a España a unha situación inédita na historia de España.

“Que fale o PSOE de emprego é surrealista. Que o partido do desemprego, o da nula xestión en materia económica, pida agora a creación dun plan de emprego é algo que non ten lóxica”- afirma Vega, quen engade que o PSOE, no momento en que puido por en marcha plans de emprego, deu a espalda e o que fixo foi xerar o “plan de desemprego”, dando lugar a actual situación.

Daniel Vega recoñeceu que atravesamos un situación difícil, “vivimos unha época na que o desemprego é un asunto que nos preocupa con seriedade posto que os mozos son o futuro do país”- manifestou Vega que lembrou que é o goberno da Xunta de Galicia e do Estado, os que están intentando paliar esta situación xerada por un goberno socialista.

“Esta moción chega tarde”- afirma Vega, quen engade que xa no mes de febreiro avanzábase o consenso para establecer unha Estratexia de Emprendemento e Emprego Xoven, que abordaba 100 medidas para combater o desemprego entre os mozos.

Lembra o presidente de NNXX do PP de Lugo, que pouco despois do anuncio do Goberno de Feijóo, exactamente o 12 de marzo, o presidente do Goberno Mariano Rajoy, presentaba xa as liñas concretas da Estratexia de Emprendemento e Emprego para mozos 2013-2016, pensada para que máis dun millón de mozos poidan beneficiarse das medidas de choque.

“Esta estratexia inclúe un amplo conxunto de actuacións dirixidas a mellorar a empregabilidade dos mozos/as a través da educación, a formación, o coñecemento de idiomas estranxeiros e das tecnoloxías da información, accións para fomentar o emprendemento” – afirma Vega, quen engade que son actuacións cuxo obxectivo é mellorar a intermediación para facilitar o acceso a un posto de traballo, así como medidas para estimular a contratación de mozos/as, mediante a implementación de novos incentivos.

Conclúe Vega preguntándose se ese plan de emprego que solicitan agora os solicialistas é para pedirlle desculpas aos mozos por deixarlle esta herdanza.

Exit mobile version