A andaina que organiza cada primeiro sábado de mes a A.C. Francisco Lanza ten desta vez un interese especial pois o percorrido inclúe Regodemel – Remourelle e As Lanzas, lugares de vestixios da nosa prehistoria sobre a que nos ilustrará o profesor Emilio Piñeiroa. Así, o sábado 6 de abril ás once e media da mañá dende o aparcadoiro municipal daranse cita os participantes nesta ruta que se desprazarán en coches particulares ata o punto de inicio da camiñada de 15 quilómetros para a que se recomenda levar comida, auga e roupa e calzado cómodos. As persoas que elixan só ir ver os podomorfos poden agardar polo grupo que ten previsto chegar ás Anzas arredor das catro da tarde.