
A Peña Barcelonista San Miguel organiza unha viaxe a Bilbao para asistir ó partido de liga At. Bilbao – FC Barcelona. Será a fin de semana 27-28 de abril. A saída está programada para o sábado 27 ás 6.30 h. dende San Miguel de Reinante. A volta para o domingo 28. O prazo para apuntarse remata o vindeiro domingo 14 de abril. En canto ó prezo da viaxe é de 100 € para socios e 120 € para non socios, o que inclúe viaxe en autocar, unha noite de hotel en habitación dobre con almorzo e a entrada ó partido. Os interesad@s en recibir máis información, pódense dirixir ó tfno. 625 821 044, ó correo electrónico pbsanmiguel@yahoo.es ou ben na web da peña. Esta viaxe está aberta tanto a socios como a simpatizantes de toda a comarca.