Site icon Crónica3.com A Mariña

Viveiro acolleu a fase final provincial infantil de baloncesto

O domingo celebrouse o provincial escolar infantil en Viveiro. Os pavillóns Municipal e Tarrío acolleron a moito público que non parou de animar aos seu respectivos xogadores.

En categoría masculina o Martínez Otero de Foz chegou á final despois de derrotar ao Estudiantes de Lugo nun igualadísimo partido. O outro finalista foi o Cidade de Lugo que venceu con máis comodidade ao CB Sarria. A final marchou para Lugo a pesar do bo traballo realizado polos rapaces do Martínez Otero.

En categoría feminina o Martínez Otero repetía clasificándose para a final ao derrotar despois dunha prórroga ao Ensino Lugo mentres que o anfitrión, Carferlo CB Viveiro, caia ante o CB Sarria nun partido no que as de Viveiro foron de menos a máis. No partido polo 3º e 4º posto o Ensino derrotaba por un punto as viveirenses, que a pesar desta derrota realizaron un bo campionato. Na final o CB Sarria amosou ser o mellor equipo do torneo a pesar de que o Martínez Otero lle puxo as cousas difíciles.

Na entrega de trofeos participaron Manolo Cadramón (Delegado Provincial de Deportes), Carlos Gueimunde (Concelleiro Deportes Viveiro), Pedro Roca (Fegaba), Carlos F.Parra (Carferlo CB Viveiro), Javi Muñoz (Adestrador do Ensino) e Rocío Varela e Tamara Montero (Xogadoras do Ensino Lugo).

Exit mobile version