Site icon Crónica3.com A Mariña

Voluntarios de Alcoa melloran as zonas de recreo do Colexio Lois Tobío de Viveiro

Voluntarios de Alcoa San Cibrao, profesores, alumnos e membros da Asociación de Nais e Pais do colexio público Lois Tobío de Viveiro unen forzas hoxe, 19 de abril, para ampliar o xardín e mellorar as zonas de recreo do centro docente. Fundación Alcoa respalda esta iniciativa dos traballadores da fábrica cunha donación de tres mil dólares á ANPA do colexio.

Os voluntarios prepararán a terra e plantarán árbores propios de ambiente costeiro e céspede, ampliando as zonas verdes do centro a costa de espazos da zona de recreo non empregados polos alumnos. Instalarán unha fonte de auga potable e un sistema de rego automático, ademáis de bancos, un xogo e maquetas para disfrute dos nenos. Para preservar o orden, montarán unha caseta de madeira onde gardar os xogos e materiais do circuíto de educación viaria que instalaron os voluntarios de Alcoa nuhna colaboración anterior. Todo elo, para disfrute dos nenos e educarles no respeto e coidado da naturaleza e o medio ambiente.
O Concello de Viveiro respalda e colabora nesta iniciativa aportando os materiales e man de obra necesarios para a instalación da cañería que suministrará auga á fonte, para a construcción do paseo de grava que cruza o novo espacio de arborado, así como a terra para a plantación.

O Colexio de Educación Primaria Lois Tobío imparte ensinanza a alrededor de 300 nenos de entre 6 e 12 anos, moitos deles fillos de empregados de Alcoa.

Fundación Alcoa
Fundación Alcoa susténtase dos seus propios activos financieros e non dos beneficios de Alcoa. Operativa en España desde 1999, o seu principal obxectivo é o de mellorar a calidade de vida nas comunidades nas que a compañía está presente. Alcoa promove e respalda tamén o voluntariado solidario e a acción social na comunidade dos seus empregados, para o que conta con programas específicos, os planes Acción e Bravo.

Exit mobile version