Site icon Crónica3.com A Mariña

Xove promove unha campaña de vacinación canina

A delegación de agricultura, gandería e montes do Concello de Xove informa de que se vai a facer unha Campaña Voluntaria de Vacinación Antirrábica e de Desparasitación contra o quiste hidatídico, así como vacinación tetravalente (vacinación anual recomendada para previr as enfermidades caninas do moquillo, parvovirose, hepatite e leptospirose), emisión de nova cartilla-pasaporte, implantación de microchip e Certificado Veterinario Oficial segundo normativa de cans potencialmente perigosos, neste termo municipal.

A campaña será realizada polas veterinarias: Mª Sol Carreira Castro colexiada nº 862 e Silvia Roca Castro colexiada nº 1074.

O calendario de paso será o seguinte:
Xuances, Portocelo, Morás, Lago, Sumoas: o luns 29 de abril.
Xove, A Rigueira e Monte: o martes 30 de abril.

As persoas interesadas deberán comunicalo no Departamento de Agricultura e Gandería do Concello de Xove ou chamando aos teléfonos das veterinarias (669.55.22.13 ou 667.23.18.36), con anterioridade ao día de paso.

Os prezos por cada un dos servizos son os seguintes:
– Vacina rabia e tratamento antiparasitario contra a hidatidose: 15 €
– Vacina tetravalente: 29 €
– Emisión nova cartilla-pasaporte: 2 €
– Implantación do microchip con crédito Alta Regiac: 33 €
– Expedición crédito Regiac Cambio Titularidad: 10 €
– Expedición crédito Regiac para microchip asumido: 15 €

Por seguridade, fágase uso do bozo.

Exit mobile version