Site icon Crónica3.com A Mariña

Xunta e FEGAMP reúnense cos alcaldes da provincia para explicar as medidas incluídas no convenio de desafiuzamentos

REUNIÓN EN LA XUNTA POR EL CONVENIO DE LOS DESAFIUZAMENTOSLugo, 18 de abril de 2013.- A Delegación Territorial da Xunta acolleu hoxe unha reunión de traballo entre alcaldes da provincia, representantes da FEGAMP e responsables da Administración autonómica para a posta en marcha do convenio de desafiuzamentos recentemente asinado entre o Consejo General del Poder Judicial (CGPJ), o goberno galego e a federación de municipios.

Os representantes da Administración autonómica, encabezados pola delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e da Fegamp –representada polo seu vicepresidente executivo, Alfonso Villares- coincidiron na importancia de “poñer en marcha medidas e establecer mecanismos” para detectar e poder actuar en casos de especial necesidade en materia de desafiuzamentos.

Arias e Villares, xunto cos directores xerais de Xustiza, Juan José Martín; Administración Local, Norberto Uzal, e Familia e Inclusión, Amparo González, incidiron na necesaria “colaboración” entre administracións e xuíces para “aliviar o drama” dos máis vulnerables nestes casos.

Grazas a este convenio -recentemente asinado entre o presidente da Xunta, o presidente do CXPX e o presidente da Fegamp-, na nosa comunidade poderase traballar con antelación e actuar con eficacia cando se produza unha situación de especial vulnerabilidade, xa que os xuíces os xuíces comunicarán á Xunta cando se produza unha situación de estas características que, automaticamente se porá en contacto cos servizos sociais dos concellos.

Os xuíces alertarán aos servizos sociais dos concellos, que poderán realizar unha valoración provisional da situación de cada familia. De forma complementaria, o Servizo de Coordinación de Servizos Sociais Comunitarios da Consellería de Traballo e Benestar estudará posibles solucións, ben a través dos programas de inclusión social ou menores, ben analizando co Instituto Galego de Vivenda e Solo a aplicación dun programa de realoxo dos afectados.

Na reunión invitouse aos rexedores e representantes dos concellos da provincia de Lugo a adherirse ao convenio para poder proceder inmediatamente á súa aplicación nos seus respectivos municipios.

Os representantes de Xunta e Fegamp destacaron a importancia de que os municipios e a Xunta se coordinen e cooperen na busca de solucións a este problema, actuando “con urxencia e dilixencia”. De feito, ámbalas dúas partes comparten a responsabilidade na prestación dos servizos sociais comunitarios, “un instrumento valiosísimo para ofertar o apoio, a atención e o asesoramento que necesitan as persoas que están a vivir o problema dos desafiuzamentos”.

Medidas pioneiras impulsadas pola Xunta
Neste sentido, sinalouse que a comunidade galega ten sido pioneira na sinatura deste convenio entre a Administración autonómica, concellos e xuíces para aliviar o drama daqueles que máis o precisan en casos de desafiuzamentos. Así mesmo, os representantes da Xunta indicaron que o goberno galego está a impulsar medidas para abordar este problema que está a afectar a moitos cidadáns galegos.

De xeito pioneiro, a Xunta en Galicia introduciu, por exemplo, na Lei de Vivenda aprobada o pasado ano introduce medidas como o aprazamento ou fraccionamento de pago en vivendas de promoción pública e a dación en pago das vivendas protexidas.

Ademais, no pasado mes de decembro púxose en marcha o programa de realoxo dirixido a colectivos afectados por execucións hipotecarias, que ofrece ata 500 vivendas de promoción pública ou incorporadas no Programa Aluga a colectivos sociais afectados por desafiuzamentos.

Exit mobile version