Site icon Crónica3.com A Mariña

2º aniversario Burgo de Trasbar e novas actividades da asociación

aniversario-burgo-trasbarA Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar festexou o seu 2º aniversario o domingo 26 de maio coa proxección dun vídeo no que se facía un resumo, en imaxes, de todas as actividades realizadas ó longo deste último ano. Ó remate da tarde os socios puideron merendar con chocolate e biscoitos. Así mesmo, abriuse o prazo para facer o pago das cotas de socios, que estará aberto ata o día 9 de xuño. E o prazo tamén está aberto para anotarse á peregrinación do San Antonio da Rigueira, que terá lugar o vindeiro xoves 13 de xuño con saída ás dez da mañá dende o local social de Trasbar. Os interesados poden anotarse dirixíndose aos membros da directiva ou a través do enderezo: burgodetrasbar@yahoo.es. Outra actividade organizada pola asociación será o San Xoán que se celebrará o 22 de xuño nas inmediacións do local social.

Exit mobile version