Site icon Crónica3.com A Mariña

A Banda de Burela no 50 aniversario do CEIP Virxe do Carme

banda-carmeA Banda de Burela actuou no acto que tivo lugar este venres no Auditorio Municipal con motivo do 50 Aniversario do CEIP Virxe do Carme. Profesores e profesoras representaron unha obra teatral ambientada nun colexio dos anos 70, na que tamén participou o propio director do centro e que foi moi aplaudida polo público asistente.

O acto tamén contou cun apartado musical a cargo da agrupación de música clásica Arranz Trío e do cuarteto de jazz Marosa Jazz Project. A Banda de Burela foi a encargada de pór o broche final coa interpretación de pezas do seu repertorio e do Hino ao CEIP Virxe do Carme, composto polo mestre de música Jesús Arranz. Aínda que a peza xa fora estreada en 2009 no propio centro para celebrar o día das Letras Galegas, nesta ocasión, con motivo da conmemoracióndos 50 anos do nacemento do centro, o Hino interpretouse nunha versión para coro e banda de música, na que os rapaces e rapazas do colexio foron os encargados de pór voz ao texto de Arranz, acompañados pola Banda de Música de Burela.

Coa interpretación desta peza púxese punto e final a un acto moi emotivo con grande asistencia de público e no que estiveron presentes profesores e profesoras, alumnos e alumnas, pais e nais de alumnos, antigos mestres e mestras… e ao que a Banda de Burela non podía faltar.

Himno ao CEIP Virxe do Carme
Letra e música de Jesús Arranz

No medio dos Castros naceu unha “escuela”
que, andando no tempo a colexio chegou
deu pulo e alento a toda Burela
desde as súas aulas, cultura espallou

O VIRXE DO CARME É NOSO COLEXIO
O FARO QUE ALUMA NO MEDIO DO MAR
OFRECE UN ENSINO BO E DE CALIDADE
GLOBAL, SOLIDARIO, ABERTO E PLURAL

Burela medraba e o “cole” crecía
e máis edificios houbo que crear
xornais, profes, libros a Burela enchían
de sabiduría e ritmo vital

ADIANTE, ADIANTE CEIP VIRXE DO CARME
OLLANDO AO FUTURO IMOS TRABALLAR
NAS CIENCIAS, NAS LETRAS, EN TODAS AS ARTES
PARA QUE BURELA SIGA A PROGRESAR

A Comunidade do noso colexio
valores humanos pretende acadar
libre e tolerante quere dar resposta
aos retos dun mundo cambiante e plural

Repíntense os retrousos:
O VIRXE DO CARME…
ADIANTE, ADIANTE…

Exit mobile version