Site icon Crónica3.com A Mariña

A Biblioteca de Burela achégate á figura de Vidal Bolaño

A Biblioteca Pública Municipal de Burela únese a infinidade de actividades programadas en torno ó 17 de maio, data de exaltación e promoción da nosa literatura e da nosa lingua. Nesta data que se conmemora o cento cincuenta aniversario da primeira edición da obra Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, primeiro homenaxeada pola Real Academia Galega en 1963. Este ano, o autor homenaxeado é Roberto Vidal Bolaño (Santiago de Compostela 1950-2002), autor, director, dramaturgo e actor pioneiro da escena profesional galega, do que a biblioteca quere dar a coñecer a súa obra mediante unha pequena exposición bibliográfica que se poderá visitar na Sala de Consultas da propia biblioteca en horario de 9 a 13 e de 17 a 20 horas.

Exit mobile version