Site icon Crónica3.com A Mariña

A Copa de fútbol sala de veteranos de Viveiro, en cuartos de final

Recuncho, Mesón, Cofipesca, Óscar Joyeros, Gatopardo, Punto Galego, Os Arcos e A Curva alcanzaron os cuartos de final da Copa Fútbol Sala de Veteranos de Viveiro tras vencer nos seus respectivos partidos de oitavos celebrados entre o luns 27 de maio e o xoves 30, excepto o Recuncho e o Gatopardo, clasificados automaticamente.

Este xoves xa se disputou tamén unha dos encontros de cuartos de final entre o Recuncho e o Mesón con resultado favorable aos primeiros por un 4-0.

O resto dos partidos de cuartos disputaranse o vindeiro luns 3 de maio despois das oito e media da noite. Os emparellamentos son: Cofipesca – O. Joyeros, Gato Pardo – Punto Galego, Os Arcos – A Curva. O gañador do primeiro encontro medirase contra o xa clasificado Recuncho en semifinais nun partido que se disputará o xoves 6 de xuño. Na mesma data mediranse os gañadores dos últimos dous encontros para obter unha praza na final que se xogará o venres 7 de xuño antes da tradicional cea no Hotel Restaurante de Area.

Resultados dos encontros de oitavos
MESÓN 9 – 1 BAIUCA

COFIPESCA 3 – 2 A FONTE

OSCAR JOYEROS 8 – 1 FORUM

SOHO 1 – 5 PUNTO GALEGO

OS ARCOS 5 – 2 FLANAGANS

A CURVA 2 – 0 LODEIRO

Exit mobile version