A loita polo título de Primeira División terá como testemuñas as cámaras da Televisión de Galicia. A canle autonómica galega retransmitirá en directo, na TVG2, o CD Burela FS Pescados Rubén versus Atlético de Madrid Navalcarnero.
En consecuencia, o horario deste espectacular encontro foi modificado para as 20.00 horas, sábado día 11 de maio. Tamén se poderá seguir en directo vía internet en www.crtvg.es
Unha vez máis, o CD Burela FS Pescados Rubén agradece especialmente a colaboración e o interese amosado pola Televisión de Galicia para facer posible a difusión e promoción deste espectacular duelo de titanes.
A entidade laranxa agradece tamén o compromiso co deporte feminino, a súa dispoñibilidade e comprensión ao Comité Nacional de Fútbol Sala da Real Federación Española de Fútbol, sen a súa colaboración non sería factible.