Site icon Crónica3.com A Mariña

ACIA Foz felicita á librería Bahía polo seu 50 aniversario e fai balance positivo da xornada arredor dos custes nas empresas

Foto conferencia Foz 1Foz, 23 de maio de 2013. A xornada informativa organizada por ACIA Foz e a Federación de Comercio de Lugo resultou un éxito. ¡A Redución de custes de xestión, directos e de oportunidade, clave para xerar beneficios’, xerou interese e expectación en Foz entre os asistentes á charla que se celebrou na tarde de onte na Casa da Cultura.

Os encargados de impartila foron: Camilo Villasante Méndez, director e fundador de Helper, Márketing e Expansión; Cristina Ascariz, responsable da área enerxética de Indutec; e José Manuel Fernández, consultor comercial de Femxa for pymes. Os ponentes abordarán cuestións coma o punto de venda, a eficiencia enerxética e a formación.

O acto de onte contou coa presenza en Foz de José Mª Seijas, presidente da Federación Galega de Comercio, ao que acompañou o presidente da ACIA local, José Carlos Paleo.

Froito da xornada de onte xurdiu unha xuntanza de traballo que se desenvolverá en datas próximas. Camilo Villasante manterá un encontro cun grupo de empresarios de Foz e visitará os seus locais co obxectivo de ver as melloras que se poden realizar nesas instalacións para mellorar a súa imaxe, o seu márketing e a súa expansión.

Aniversario

Por outra banda, desde a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz felicitan á librería Bahía polo seu 50 aniversario. Desde a directiva sinalan que “sempre é un orgullo celebrar unha data tan importante para un dos nosos asociados. O comercio tradicional é un dos sectores que sostén a economía dun pobo, e que durante 50 anos un negocio vaia evolucionando cos tempos e adaptándose ás novas xeracións é motivo de satisfacción. Por iso queremos felicitar a librería Bahía”.

Exit mobile version