Site icon Crónica3.com A Mariña

ACISA fai un balance moi positivo da presenza de Ribadeo en Bilbao na feira Expovacaciones

Foto Ribadeo en Bilbao 2Beatriz Irigoyen destaca que o stand do Concello e a asociación de comerciantes é un dos máis visitados da feira

Ribadeo, 3 de maio de 2013. A xerente de Acisa, Beatriz Irigoyen, fai un balance moi positivo da presenza de Ribadeo en Expovacaciones en Bilbao e asegura que o stand do Concello e ACISA é un dos máis visitados da feira e que son moitos os que están solicitando información de hoteis, bares e restaurantes para viaxar a Ribadeo en datas próximas.

Irigoyen sinalaba desde Bilbao que “o noso balance é positivo, incluso máis do que esperábamos, porque estamos a venres e a afluencia de público é total. Somos un dos stands máis visitados, ademáis a nivel particular, porque á xente lle sorprende que veñamos con stand propio”.

En Acisa “estamos moi contentos porque coñecen a praia das Catedrais e todo o seu entorno e o núcleo urbano. Pero como a área de influencia desta feira é o País Vasco e Santander o que nos estamos encontrando é xente que xa coñece a zona, que quere ir, que están cerrando viaxes e que está mirando as reservas en hoteis de Ribadeo”.

“Para nós é un orgullo desde Acisa dicir que xa directamente estamos movendo a todos os nosos asociados, especialmente e lóxicamente á hostalería, é dicir os hoteis, residencias e demáis, porque nos están pedindo información directa de todos eles, cada un na súa liña. Estánnos demandando información de restaurantes, de bares para picotear algo e dos comercios, porque nós estamos entregando información nosa”, engadiu Beatriz Irigoyen.

A xerente de Acisa indica que “os visitantes de Expovacaciones queren coñecer Ribadeo e o que xa nos piden, coma se fçosemos unha axencia de viaxes, é información concreta dos sitios, co cal para Acisa é unha satisfacción invertir todo este esforzo en vir a Bilbao”.

Exit mobile version