
Viveiro conmemora o día das Letras Galegas con varias actividades culturais que arrincan o propio venres 17 de maio ás doce do mediodía na Praza da Fontenova coa actuación do Grupo de Improvisación do Conservatorio e da Coral Polifónica Alborada, no que tamén estarán presentes as librerías Neira e Porta da Vila. O sábado 18, o Teatro Pastor Díaz acollerá a comedia de 75 minutos de duración con diálogos metafóricos e satíricos coa actualidade “Abrapalabra. Decameron, historias para tempos críticos”, de Boccaccio, interpretada por Candido Pazó. E tamén o sábado 18, concerto do grupo Canta Compaña na igrexa de Santa María.