Este martes 14 de maio o colectivo PENSAMENTO E SMENTEIRA ten convocado un acto diante da fachada principal do Teatro Pastor Díaz de Viveiro onde actuará o Grupo de Metais do Conservatorio Profesional de Música. O acto, que dará comezo ás oito da tarde, consistirá na colocación dunha placa na fachada do edificio que lembra a campaña nacional levada adiante polo músico Hernán Naval no ano 1988. Hernán, que nesa altura presidía a Agrupación Cultural Sementeira, implicou á moitas persoalidades e asociacións como a de Escritores en Lingua Galega que apoiaron a iniciativa e reuniuse en dúas ocasións co daquela Conselleiro de Cultura Alfredo Conde. Finalmente as distintas Administración participaron na compra do edificio e restauraron o Teatro. No acto tamén se reivindicará a vida comprometida e o importante labor do escritor e actor Roberto Vidal Bolaño ao que este ano se lle dedica o Día das Letras.