No acto de presentación, que tivo lugar na Praza de San Marcos, tamén participaron o tenente de alcalde de Lugo, Luis Álvarez, e os directores do proxecto, Alejandro Losada e Marco Amor, ambos os dous alumnos de 1º de Produción da EIS. A presentación rematou coa actuación musical de David Prado.
FIBES:exemplo de práctica en escenarios reais
O máximo responsable provincial afirmou que “este é un exemplo do modelo educativo que promovemos na TIC, no que as prácticas en escenarios reais son fundamentais para acadar unha formación de calidade e axeitada á realidade á demanda do mercado laboral”. Neste senso subliñou que foron os propios alumnos os que tiveron a idea e os encargados de todo o proceso de produción e organización, incluída a presentación ante os medios de comunicación.
O festival suporá un día de concertos e espectáculos adaptados a cada localización e público. “É a primeira vez en Galicia que se empregan os balcóns para facer concertos e espectáculos de danza. Tan só se fixo algo similar nun par de cidades de toda España, o que dá máis valor ó traballo feito durante estes meses polos nosos alumnos”, apuntou o máximo responsable provincial. Ademais o FIBES servirá para dar a coñecer a diversos grupos e artistas lucenses e buscará a implicación do público co factor sorpresa como unha das súas principais características.
Implicación dos alumnos
Alejandro Losada explicou que a iniciativa xurdiu dentro do módulo de Planificación, Espectáculos e Eventos de 1º de Produción. A comezos de curso os alumnos presentaron varias propostas e finalmente optouse pola organización deste evento.
Na iniciativa tamén colaboran estudantes doutros centros educativos. É o caso dos alumnos do Conservatorio Profesional de Música de Lugo. Ademais, o logotipo do FIBES foi elaborado por Rodrigo Insua, alumno da Escola de Arte e Deseño Ramón Falcón, que tamén se encargou da toda a imaxe corporativa.
Horarios e localizacións
Pola súa banda, Marco Amor foi o encargado dar conta dos horarios e escenarios previstos, aínda que se reservan varias sorpresas para a propia xornada do festival.
11:00 horas na Praza de Abastos actuará o grupo Combo Jazz do Conservatorio Profesional de Música de Lugo.
12:30 horas no balcón do hotel Méndez Núñez actuación de David Taboada e Asociados.
17:00 horas no balcón Casa Consistorial actuarán agrupacións do Conservatorio.
19:00 horas no balcón do Pazo de San Marcos tocaralle a quenda ó grupo Tierra de cinco minutos
21:00 horas nos balcóns da Casa das Pombas, no fondo da Prazo do Campo, tocará o grupo de rock monfortino The Miñocas
22:00 horas , tamén nos balcóns de Casa das Pombas, o DJ KOO será o encargado de pechar o FIBES.