Site icon Crónica3.com A Mariña

Ana Geada aclara que non ten nada que ver coa actual moción de censura en O Valadouro

A ex-concelleira de O Valadouro dende o ano 2011, Ana Geada Losada ven de emitir un comunicado ante os comentarios publicados na prensa nestes últimos días, feitos por dirixentes do Partido Popular e concretamente polo Sr.Lamela, con motivo da moción de censura presentada no Concello do Valadouro, onde se viu nomeada repetidamente.

Geada comeza o seu comunicado argumentando: “véxome na obriga de aclara o acontecido no ano 2007”.

“En primeiro lugar, eu non formo parte da Corporación dende o ano 2011 e, polo tanto, non teño nada que ver coa moción de censura nin con pacto actual ningún”.

“En segundo lugar e remontándonos ó pacto que se fixo no ano 2007 con Mª José Fernández, do que tanto se fala agora, dicir que non son certas as manifestacións que fixo na prensa o Sr.Lamela cando dí que eu me fun para o grupo mixto por culpa de Mª José Fernández e que non aceptaba que ela fose alcaldesa, ata o punto que me tivo que convencer o Sr. Balseiro. Isto non foi así, senón máis ben ó contrario. Cando nos reunimos para firmar o pacto con Mª José Fernández e así contar coa maioría para gobernar, o que non quería firmar era precisamente o Sr.Lamela, que se foi da reunión e
tivo que ir a buscalo o Sr. Balseiro para convencelo, ¿non é así Sr.Lamela? Sábeno moi ben o Sr. Barreiro, o Sr. Balseiro e Eulogio Fernández (alcalde naquela data)”.

“Mª José Fernández non quixo ser a Primeira Tenente de alcalde porque dixo “seguirá sendo Ana coma ata agora”, ela sería a segunda, Lamela o terceiro e Mª Jesús a cuarta, quedando así o pacto, coas outras condicións que xa se coñecen e de acordo entre todas as partes”.

“A partir de ahí, unha vez constituida a Corporación, as delegacións dos concelleiros, etc. á hora de constituír a Xunta de Goberno, de repente e sen máis explicacións, por parte de Eulogio (o alcalde), Lamela e Mª Jesús se me dí que non poido ser Primeiro Tenente de Alcalde, que teño que desprazarme ata a última da lista, facéndolle ver ó alcalde que se eu non accedía serían eles dous os que se iban, ¿por que motivo? Suponse e creo que está claro que o Sr. Lamela quería estar ahí, máis arriba, para posteriormente sustituir a Eulogio na alcaldía, entón foi cando decidín pasar ó grupo non adscrito, non por culpa de Mª José Fernández, como dí o Sr.Lamela, senón porque non merecía tal maniobra por parte dos meus compañeiros que o único que os movía eran as ansias de poder. (Todo isto está acreditado documentalmente)”.

“Con mesura e responsabilidade soportei os embustes e descalificacións por parte das persoas protagonistas da desfeita de Xullo do 2007, onde foi despreciada a miña labor e apartada da política municipal do PP”.

“Xa está ben”, señores do Partido Popular: Eulogio Fernández (ex-alcalde), Sr. Balseiro
(Secretario Xeral Provincial), Sr. Barreiro (Presidente do PP en Lugo) e Sr. Lamela (alcalde actual), sodes vosoutros os únicos culpables de practicar unha política rastreira co único fin de defender os intereses persoais e de partido ante os dos cidadáns do Valadouro. Sodes vosoutros, ao rubricar un documento que non cumprístedes”.

“Isto é a pura e dura realidade que me tocou vivir nos últimos anos da miña andaina política no Valadouro, da que, por suposto estou moi satisfeita porque procurei sempre conseguir o mellor para os v eciños e creo que sen perxudicar nunca a ningúen”.

“Dito isto, estou no dereito a esixir as disculpas pertinentes (única contestación que aceptarei) e que por parte do Partido Popular se retire o meu nome de calquera polémica actual”.

Exit mobile version