Site icon Crónica3.com A Mariña

Arranca a Copa da Mariña nunha emocionante fin de semana para a base laranxa

A base do CD Burela FS Pescados Rubén afronta unha emocionante fin de semana co pistoletazo de saída para a Copa da Mariña (Burela), con representación benxamín, alevín e infantil; tamén estarán en xogo a Final Autonómica de Deporte Escolar con cadetes ante o Noia FS e a semifinal de volta da Copa Nacional Xuvenil ante o ADFS Bueu.

Autonómica
Os cadetes do CD Burela FS mediranse ao Noia FS no pavillón do Barrio das Flores o sábado 25 de maio ás dez da mañá na final autonómica.

Copa A Mariña
Os alevíns bureleses mediranse para a Copa A Mariña ao Celeiro Xove FS ás nove e media da mañá do sábado no pavillón do IES Monte Castelo e ás once no pavillón de Vista Alegre ás Escolas Deportivas Municipais de Lourenzá. De novo ás doce e media xogarán no pavillón do Monte Castelo fronte as EDM de Mondoñedo e, de novo en Vista Alegre, ás tres e media da tarde mediránse ao Barreiros.

Pola súa banda, os dous equipos de infantís mediranse ás doce menos cuarto no pavillón do Monte Castelo. Posteriormente, o equipo A disputará un encontro no mesmo emprazamento contra o C. Viveiro a partir da unha e cuarto; mentres que o conxunto B o fará en Vista Alegre a partir das catro e cuarto da tarde.

No pavillón de Vista Alegre xogará os seus dous partidos o equipo de benxamíns B medíndose á unha e cuarto ás EDM Lourenzá e ás tres menos cuarto ao Celeiro Xove FS.

Copa Nacional
Os xuvenís do CD Burela FS mediranse o domingo 26 de maio no pavillón do IES Monte Castelo a partir das doce do mediodía á A.D.S.F. Bueu.

Exit mobile version