A Biblioteca Pública Municipal de Foz continua coa Programación das Letras coa actuación do Grupo Eduvia Vías para a Educación que presenta “As 6 caras das Letras galegas”. Será no IES de Foz para alumnos de 4º da ESO a partir das 12:00 horas. A través deste divertido xogo por equipos, os/as participantes coñecerán algo máis sobre a orixe e significación do Día das Letras Galegas, e os autores homenaxeados ata o momento, ao tempo que descubrirán interesantes datos sobre a vida e obra do autor homenaxeado este ano, Roberto Vidal Bolaño. Un acto que conta coa colaboración da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia a través do programa Ler conta Moito.