Hoxe, na XIX Interparlamentaria Popular que se celebra en Salamanca.
O voceiro do PP afirma que a Cámara Alta non é unha Cámara “floreiro” como algúns pretenden vender e aposta por avanzar na súa reforma.
Resalta a labor que veñeen desenvolvendo ambas Cámaras na presente lexislatura, aprobando un paquete de reformas nunca visto na historia da democracia.
Afirma con rotundidade que “o PP deu a cara no momento máis difícil e de unha maneira exemplar”.
Durante a súa intervención na XIX Interparlamentaria Popular que se celebra en Salamanca, José Manuel Barreiro afirmou rotundamente que o Senado non é unha Cámara “floreiro” como algúns pretenden vender. Do mesmo modo, resaltaron que os senadores populares queren axudar a resolver os problemas dos cidadáns, así coma o seu desacordo cos partidos que “queren convertir o Senado nun adorno”.
Así, o portavoz do PP explicou que os traballos da Ponencia están moi avanzados e, na súa opinión, “servirán de referencia para emprender unha reforma da Cámara Alta que mellore o funcionamiento da nosa democracia e contribúa ó equilibrio territorial e o progreso de España, así coma a recuperar a confianza dos cidadáns na política”.
Igualmente, José Manuel Barreiro afirmou con rotundidade que o Senado cumpre “escrupulosamente” o mandato que lle outorga a Constitución e todas as Leis que lle remite o Congreso son melloradas, grazas a que a Cámara cumpre a función de segunda lectura e ofrece unha maior reflexión nos textos lexislativos. “Cumprimos escrupulosamente o mandato da Constitución e da sociedade española”, apostillou.
Para finalizar, o portavoz dos populares na Cámara remarcou que “o PP deu a cara no momento máis difícil e dunha maneira exemplar”, e recoñeceu a labor da secretaria xeral Cospedal á fronte do Partido.
Informe de portavoces
Dentro do informe do traballo do Grupo Popular no Senado nestes primeiros meses do ano, Barreiro indica que xamáis na historia da democracia se realizara semellante actividade parlamentaria en ambas Cámaras, poñendo en marcha un proceso de reformas sen precedentes.
Nesta lexislatura –explica o Informe do portavoz- dispararonse a actividade do Congreso e do Senado grazas ó plan de reformas posto en marcha polo Goberno de Mariano Rajoy, cuxo único obxectivo é saír da crise e volver á senda do crecemento. Actividade parlamentaria que o voceiro dos populares cualifica de reformista, ambiciosa e responsable.
Dende xaneiro de 2013 o GPP presentou 33 mocións, para o seu debate en pleno ou en comisión, cuxo obxectivo fundamental foi profundizar na racionalización e sostibilidade da Administración Local, así como para poñer en marcha medidas contra o desemprego xuvenil. Ademáis, presentáronse no rexistro da Cámara 273 preguntas escritas, 15 preguntas orais en pleno, 17 preguntas orais en comisión e 29 peticións de comparecencias.
A constitución dos Grupos Territoriais, un instrumento máis de traballo dos senadores no seu territorio. Así, na presente lexislatura constituíronse os Grupos Territoriais de Andalucía, Asturias, Castela e León, A Rioxa, Comunidade Valenciana e Canarias, ademáis das reunións de traballo do Consello de Dirección do Grupo Popular cos presidentes das Cidades Autónomas de Ceuta e Melilla, para abordar os problemas que afectan a ditas cidades e poñer en marcha iniciativas que axuden a resolver as súas demandas.
Para o voceiro dos populares no Senado, toda a actividade parlamentaria do PP vai encamiñada a recuperar o tempo perdido polo Goberno de Rodríguez Zapatero, que se empeñou en negar a crise en vez de emprender as reformas que España necesitaba, tal e como fixeron os países do noso entorno.