Site icon Crónica3.com A Mariña

Barreiro tacha de “mercader político” a Besteiro e insta a Rubalcaba a pronunciarse sobre un feito inédito na política

Monforte, 25 de mayo de 2013.- Nun congreso local do PP en Monforte, na provincia de Lugo, o portavoz do PP no Senado e presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, tachou de “mercader político” ao secretario do PSOE lucense, José Ramón Gómez Besteiro, tras apoiar un pacto inédito entre o partido socialista e o partido independente (UNIVAL), co apoio do BNG, no municipio lucense de O Valadouro para desbancar da alcaldía ao actual alcalde popular, José Manuel Lamela.

“O presidente da Deputación e secretario xeral dos socialistas en Lugo, que aspira a ser presidente do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, apoiou unha transacción económica nun Concello: quen rompa o pacto paga 100.000€. Púxolle prezo a un municipio”- manifestou José Manuel Barreiro.

O portavoz do Senado e presidente provincial denunciou que “é lamentable que unha persoa que aspira a liderar o PSOE a nivel autonómico autorice este tipo de amaños; se para el un concello de 2.000 habitantes vale 100.000 € tería que aclarar se hai máis pactos deste tipo, como por exemplo na Deputación de Lugo, organismo que el preside”.

O popular está convencido de que este reparto está ideado polo propio Gómez Besteiro, doído por non conseguir nas urnas esta alcaldía e denunciou que esta fórmula denigra a política e o inhabilita moralmente para asumir esta responsabilidade.

“Besteiro ten que dar explicacións de cómo deseñou esta operación”- manifestou, e os seus compañeiros en Madrid e Galicia (Rubalcaba e Pachi Vázquez) teñen que dicirlle aos cidadáns se respaldan esta artimaña”, apuntou.

Barreiro lamentou que os nacionalistas foran cómplices desta “fórmula inédita”, preguntouse que contraprestación recibiran a cambio e demandaron maior clarificación polo ben da política e dos seus veciños para que podan volver a confiar.

Exit mobile version