Site icon Crónica3.com A Mariña

Barreiros prepárase para a I Carreira popular das praias

CARREIRA DAS PRAIAS IITodo está a punto para que este domingo se celebre a I Carreira popular das praias en Barreiros.O ev ento estará dividido en dúas partes -coas saídas e chegadas en punta Anguieira-: a partir das 11.00 será o turno dos máis pequenos e levaranse a cabo as carreiras infantís, con varios percorridos dependendo das idades e ao seu remate procederase á entrega de trofeos; mentres que ás 12.30, e aprobeitando a baixamar, darese a saída á carreira absoluta de 11 km -sendo o 90% dos mesmos pola propia area da praia-. Precisamente esta última característica é a que a fai novidosa, xa que é unha das poucas carreiras de España que se fai pola propia praia. A día de hoxe xa hai case 200 inscritos de toda Galiza e Asturias, sendo a nota común entre os participantes o interese por correr a súa primeira carreira pola area. Os interesados en participar poden inscribirse ata 30 minutos antes do inicio das carreiras. Ademais, pódese atopar toda a información sobre a carreira na web http://carreirapopulardaspraias.jimdo.com/ ou chamando ao teléfono 649 571 360.

Exit mobile version